Acordo de constitución dunha Comisión de Traballo para elaborar un Plan de Acción polo Emprego e Contra a Precariedade Laboral nos Estaleiros de Navantia da Ría de Ferrol.
O Sector Naval da Ría de Ferrol
Na última
Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra acordamos comezar a
facer sesións monográficas sobre o Sector Naval da Ría de Ferrol
(Navantia e industria Auxilia) como xerador de emprego. Trata-se de
realizar unha aproximación o máis real posíbel a como se desenvolven as
condicións de traballo, xornada, horas extra e salarios. Carga de
Traballo actual e prevista. Condicións operativas da principal (Fene e
Ferrol). Formación. Aplicación do Convenio Colectivo. Colectivo de
Prexubilados. As relacións entre principal e industria auxiliar.
Infraestruturas, maquinaria e bens de equipo, estado actual. Análise da
Industria Auxiliar. Sistema de compras (aceiro, metais, compoñentes
electrónicos e informáticos, ..). Sistema de contratacións da empresa
auxiliar. Contratacións do persoal. A falta dunha verdadeira industria
auxiliar na comarca que forneza de bens e complementos de alto valor
engadido como motores, bombas, equipos de goberno, propulsión e manobra,
equipos de manutención e de carga e descarga, equipos e instalacións
eléctricas, de fluídos, TICs e sistemas electrónicos e hidráulicos,
válvulas e accesorios. Análise das reivindicacións do Dique Flotante e
Dique seco. O Sector Naval e a Diversidade industrial. Eólica Mariña.
Aparatos Offshore. Para logo tirar conclusións, as posibilidades
industriais, as posibilidades de xeración de emprego, acabar coa
precarización e mellorar as condicións de traballo, salariais, ...
Sabemos que moitas veces ten-se intentado abordar este asunto, mas
cumpre intenta-lo de novo. A potenciación da contratación directa por parte das empresas publicas (Navantia). Temos propostas que facer.
A xuntanza inicial está prevista para o mércores 17 de Febreiro ás 18:00hs no Ateneo Ferrolán.
Foto de Cesar Toimil. | Maio 2015.
|||||||||||||||||||||